XXVIII EDICIÓN
NOVELAS GAÑADORAS
Antón Riveiro Coello
Finalista en Lingua Galega
Hotel Carioca
(Ed. Galaxia)
Alejandro Zambra
Finalista en Lengua Castellana
Literatura infantil
(Ed. Anagrama)
Maggie O'Farrell
Finalista en Lengua Extranjera
El retrato de casada
(Ed. Libros del Asteroide)
Premio Literario San Clemente Rosalía
O Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente ten a intención de converter os alumnos de Bacharelato en protagonistas á hora de conceder un premio literario, xa que o xurado deste Premio está composto por estudantes de Bacharelato do Instituto Rosalía de Castro de Santiago e de catro institutos máis de Galicia, escollidos por sorteo. Nisto consiste a novidade do premio, pois xeralmente a xente moza é a esquecida dos xurados literarios, e pode ter uns gustos e unhas e opinións moi diferentes que non debemos ignorar. Preténdese tamén, nun momento de gran predominio do audiovisual, colaborar na promoción da lectura entre os máis novos, por ser este un dos problemas máis importantes que atopamos todos os días na formación da xuventude.
O Premio presenta tres modalidades, Novela galega, Novela en castelán e Novela estranxeira, e galardoa a mellor novela do ano en cada modalidade. Nas últimas edicións, na modalidade de Novela en castelán participou tamén no xurado alumnado de 6 centros no estranxeiro que cursan lingua española.
O día da cerimonia de entrega os estudantes son os verdadeiros protagonistas do evento e cada xurado de alumnos e alumnas comparte mesa e mantel co escritor ou escritora premiada no marco dunha grande festa.